Saturday 27 de April de 2024

Un total de 35 persoas de toda a comarca participan no Curso de Formación en Micoloxía Aplicada do Concello de Lousame


Un total de 35 persoas, procedentes de distintos municipios da comarca, participan dende a noite de onte luns na segunda edición das Xornadas Micolóxicas do Concello de Lousame, que este ano consisten nun Curso de Formación en Micoloxía Aplicada. Durante algo máis de dúas horas e media, María Monteagudo, bióloga de Hifas da Terra, realizou unha introdución ao mundo dos cogomelos silvestres, respondendo as dúbidas dos presentes na Casa da Cultura de Lousame.

Para mañá mércores está prevista a segunda xornada teórica: “Introdución á micorrización”, unha técnica que aproveita a simbiose entre unha pranta ou árbore e un fungo para a produción de setas. E o venres 13 o alumnado trasladarase ata o centro de día de Lousame, onde realizarán unha sesión práctica de “Cociña micolóxica”. As Xornadas Micolóxicas de Lousame pecharanse o sábado 14 cunha sesión sobre “Micorrización en monte”.